Monthly Archives: Xullo 2014

MOMENTOS DA ANDAINA POLO “ROTEIRO DAS MOURAS”

CAM01642
Muíño de abaixo, no río do Batán

xullo 2014 076

Explicando as partes dun muíño, no muíño do Batán

xullo 2014 079

Nos olleiros do Matías, augas sandadoras

xullo 2014 081

Polo río abaixo

CAM01648
Por corredoiras camiño do monte das Croas e dos seus segredos

xullo 2014 071

Fronte ao parapeto do castro das Croas, acubillo de tesouros e morada de fermosas mouras

10572107_892674337413616_3097793588878730162_o

Nas vellas murallas do monte das Croas

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100

Ulo vai a moura?

IMG-20140727-WA0007

No Mato das Cruces, petróglifos, mouras e túneles misteriosos

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100

Cruzando a Carballeira do Rei

IMG-20140727-WA0005

Entrando nos territorios “antes ocupados” camiño do Outeiro das Mouras

IMG-20140727-WA0000

No Outeiro das mouras

IMG-20140727-WA0001

Unha paradiña nas selvas do río do Batán

Moitas grazas a Ana e Valentina polas fotos para este post.

Fotos: Ana Lois, Valentina García e R. Quintía

NOVA EDICIÓN DO “ROTEIRO DAS MOURAS”

Mañá faremos unha nova edición do “Roteiro das Mouras”, na parroquia de San Martiño de Salcedo, en Pontevedra. Desta volta guiaremos os amigos da asociación cultural Yoga Satya Vedanta por este percorrido polo noso fascinante patrimonio inmaterial … e materaial. Cpido que non hai mellor xeito de celabrar o Día da Patria (ou matria) Galega que achegándonos ao mundo das nosas míticas Mouras. Se hai alguén que estea interesado en participar no roteiro só ten que estar no lugar de encontro á hora sinalada e con ganas de andar e gozar da nosa cultura.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

“A FORMA TROCA, O FONDO SEGUE”

Un artiguiño publicado en La Voz de Galicia co gallo da festa do San Xoán.

escanear0002 - copia

La Voz de Galicia. Domingo 22 de xuño de 2014

A FORMA TROCA, O FONDO SEGUE

Rafael Quintía Pereira

Antropólogo

 

O San Xoán é a cristianización dunha milenaria festividade solar na que con lumieiras celebramos o triunfo da luz sobre as tebras. Todas as culturas marcaron os fitos fundamentais do seu calendario con festas e na nosa cultura a festa de San Xoán indica o solsticio de verán. Dende o neolítico o Sol asociouse coa forza vital, coa potencia e enerxía renovadora e fecundadora. O Sol determina as estacións, o clima e o ecosistema no que habitamos. O home tivo que adaptarse a estes fenómenos cíclicos para poder subsistir cultivando a terra. Esta dependencia do Sol daría orixe a unha serie de crenzas de carácter espiritual ou relixioso asociadas ao astro rei que perduraron ata a chegada do cristianismo e incluso, dun xeito subliminado, posteriormente. Deste xeito o Sol pasou a ser considerado en moitas culturas fonte de vida, símbolo de divindade ou unha divindade en si mesma.

O descubrimento do lume, no paleolítico, supuxo unha das grandes revolucións da humanidade. O lume iluminaba nas noites, protexía das feras, quentaba na invernía, permitía cociñar os alimentos, cocer o barro e mellorar as tecnoloxías. A carón do lume naceu a cultura e a relixión. Por unha clara relación simbólica e funcional, o Sol e o lume convertéronse nun binomio indivisible e así moitas festas solares como o San Xoán foron da man de celebracións ígneas. O Sol e o lume acadaron na cultura galega unha grande importancia dentro das nosas crenzas e ritos.

Considerando que ata ben entrado o século XX a sociedade galega era basicamente agraria, e lembrando a importancia do Sol nas sociedades agrarias entenderemos o porque da pervivencia deste tipo de celebracións. Por iso os galegos hoxe, como hai milenios, seguimos celebrando a chegada do solsticio, a forza vivificadora do Sol, o poder purificador do lume e das augas e as calidades apotropaicas das máxicas plantas, aínda que o fagamos baixo a advocación dun santo cristián. Pois, malia que a forma troque, o fondo permanece, e ese é un dos trazos máis fascinantes da nosa cultura.