Monthly Archives: Maio 2014
PARTICIPAMOS NAS “III JORNADAS DAS LETRAS GALEGO-PORTUGUESAS” EN PITÕES DAS JUNIAS
Un ano máis tiven o gusto de ser convidado ás “III Jornadas das Lletras Galego-Portuguesas” que se celebrarán esta fin de semana en Pitoões das Junias (Portugal). Desda vez daremos unha conferencia en conxunto o compañeiro da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) Miguel Losada e máis eu, o título: “Celtimos, contrucción cultural e identidade” . Parabén aos organizadores polo seu traballo e esforzo, graciñas aos amigos Zé Barbosa e Ro Palomera, do blog Desperta do teu sono (DTS) .
PROGRAMA
Dia 30 de Maio Sexta-feira (Hora portuguesa)
20:00: Receção dos participantes nas Jornadas na casa de Turismo Rural do Padre Fontes em Mourilhe e atuação do Bruxo Queimam e o Padre Fontes.
21:00: Ceia na Casa Rural do Padre Fontes em Mourilhe
23:00: Deslocamento dos palestrantes a Pitões
Dia 31 de Maio Sábado (hora portuguesa)
10:00: Apresentação das Jornadas
10:15: João Paredes: “A utilidade do celtismo. Celticidade galaica no S. XXI”
11:15: Rafa Quintia e Miguel Losada: “Celtismo, construção cultural e identidade”
12:15: Perguntas, questões e debate.
12:45: Descanso e café
13:00: Oinaikos Kallaikoi
14:00: Comida livre por Pitões (música)
16:30: Oinaikos Kallaikoi
18:30: Maria Dovigo: “O conto de Santo Amaro, desde a procura da ilha paradisíaca à diáspora dos galegos de Lisboa”
19:30: Debate, perguntas e questões
20:00: Descanso, café e visita por Pitões.
20:30: Folião celto-galaico.
21:00: Atuação do Bruxo Queimam
21:30: Folião celto-galaico.
21:45: Ceia livre por Pitões
Dia 1 de Junho Domingo (hora portuguesa)
10:00: Abertura da sessão
10:15: Alberte Alonso: “Utilidade das pedra-fitas no neolítico como observadores astronómicos”
11:15: André Pena Granha: “Constituição política celta das galaicas trebas e toudos. Etno-arqueologia institucional”.
12:15: Pedro Teixeira da Mota: “As fontes matriciais de Portugal”
13:15: Debate, perguntas e questões
13:45: Encerramento
14:00: Almoço no Dom Pedro.
A GENTE PODE VIR LIVREMENTE ÀS JORNADAS. NÃO HÁ QUE PAGAR MATRÍCULA, SÓ HÁ QUE PAGAR A CEIA NA CASA DO PADRE FONTES O DIA 30 DE MAIO A PARTIR DAS 20:00 HORAS.
NÃO É OBRIGATÓRIO ASSISTIR A ELA PARA PARTICIPAR NAS JORNADAS MAS QUEM QUISER VIR DEVE CONFIRMAR PARA OS COZINHEIROS PODEREM MEDIR AS QUANTIDADES E A GENTE ASSEGURAR UM LUGAR ENTRE OS COMENSAIS.
-CEIA:
-Atuação do Bruxo Queimam às 20:30 aproximadamente.
EMENTA:
-Entradas: azeitonas, presunto, chouriço e fios de bacalhau
-Prato principal: Carne assada, salada de alface, arroz, verduras cozidas e ovos cozidos
-Sobremesas: Torradas e frutas
-Bebidas
Preço: 18 Euros a ceia.
AS COMIDAS E AS DORMIDAS DIÁRIAS EM PITÕES DAS JÚNIAS PARA OS ASSISTENTES, AQUI NESTE LINK::
http://www.pitoesdasjunias.com/alojamento-e-produtos.html
http://www.casadopreto.com/
http://anaerusso.wix.com/sabores-de-pitoes/site#!__site
https://www.facebook.com/restaurantedompedro.pitoes
http://ww7.abrigosdepitoes.com/
http://www.casacampoferreira.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/pages/αβ-COMPOTAS-DO-MOSTEIRO/145993235459469
Link da Junta de Freguesia de Pitões das Júnias:
http://www.pitoesdasjunias.com/
Link do Concelho de Montalegre:
A VOZ DO INDÍXENA
Cun día de retraso -por aquelo de levar a contraria- quero rendir o meu pequeno tributo ao noso idioma no Día das Letras Galegas. Había tempo que non colgaba un poema, de feito poucas veces o fago, pero coido que desta vez tocaba xa, e non se me ocorre mellor momento para facelo. Velaquí o poema “A voz do indíxena”, do meu poemario “Á sombra de Bouza Panda. Poemario de escarnio e maldizer”.
“A voz do indíxena”
A voz do indíxena
non resoa nos salóns de palacio,
nin se escoita nos despachos
dos banqueiros.
A voz do indíxena
non viste con garabata,
nin pisa sobre moquetas
con zapatos de Vuitton.
A voz do indíxena
vaise co vento
que borra as pegadas
na area, na terra, na alma.
A voz do indíxena
é vella, sabia e anterga
pero o vello xa non sirve
no noso Novo Mundo Feliz.
A voz do indíxena
non ten altofalantes,
nin micrófonos,
nin radios nin xornais.
Porque a voz do indíxena
é unha fala prohibida,
de verbas condenadas,
de pobos proscritos.
A voz do indíxena
fala coa lingua da terra,
ten acento de xabre,
cantar de pedra e tambor.
A voz do indíxena
soa a renxer de carro,
cheira a besta e estrume,
a terra mollada, a lama mol.
A voz do indíxena
sabe a herba seca,
a touciño e rixóns,
a codia de pan de millo.
Porque a voz do indíxena
non se agocha nas selvas,
nin nas sabanas africanas,
nin nas areas do deserto.
A voz do indíxena
está dentro de nós
pero ninguén escoita xa
o seu canto ancestral.
XA ESTÁ DISPOÑIBLE “CADERNO DE CAMPO Nº8. ABRIL 2014”, O BOLETÍN INFORMATIVO DA SAGA
Xa está publicado o noso novo número do boletín informativo da SAGA: “Caderno de campo” Nº8. Abril 2014. Aquí o tendes para consulta on line ou descarga.
LIGAZÓN:
CRÓNICA DA “II SAÍDA POLA PARROQUIA DE SALCEDO”
Grande éxito de participación da “II Saída pola parroquia de Salcedo” celebrada a pasada semana. É unha satisfacción comprobar como cada día hai máis xente no país sensibilizada e interesada en coñecer e protexer o noso patrimonio cultural, arqueolóxico e natural. O pasado domingo 4 de maio tivemos unha boa proba diso con máis dun centenar de participantes nesta andaina cultural onde se deron a coñecer, non só o valiosísimo patrimonio cultural, etnográfico e histórico de San Martiño de Salcedo senón tamén os magníficos traballos que está levando a cabo a Comunidade de Montes de Salcedo para recuperar, por en valor e racionalizar o uso do monte comunal e de todo o patrimonio que atesoura. O traballo desta comunidade é un exemplo de cal debe ser o futuro dos nosos montes veciñais: unha interesante e novidosa proposta de xestión dos montes comunais respectuosa e valorizadora do legado arqueolóxico e etnográfico como símbolo identitario, un plan de traballo con miras de futruro e de sustentabilidade onde o patrimonio forestal non so sexa un recurso económico e de uso veciñal senón tamén un espazo de diversidade ecolóxica, de recuperación e conservación da flora autóctona e un espazo de lecer e de disfrute para toda a cidadanía. Hoxe en día xa hai varias comunidades en Galicia traballando nestas mesmas liñas directrices e, aínda que polo de agora non son maioritarias, fannos ser optimistas respecto a que pouco a pouco vaia mudando a xa obsoleta e nociva mentalidade de que o monte só serve para producir eucaliptos para vender e de que o noso patrimonio non ten valor nin interese ningún.
Polo que a min respecta foi un auténtico pracer poder explicar aos veciños de Salcedo e todos os que tiveron a ben participar nesta saída algúns dos tesouros do noso patrimonio inmaterial e do noso patrimonio arqueolóxico. Grazas polo voso interese e grazas de corazón a todos eses meus veciños por facerme depositario dun legado oral que xa case ninguén escoita pero que aínda está vivo…tan vivo como as mouras que ese domingo acompañaron o noso camiñar.
La Voz de Galicia
Diario de Pontevedra
No castro do Monte das Croas, xunto a Fernando Pintos (Presidente dos comuneiros de Salcedo e ao biólogo Amancio Castro)
Nos petróglifos de Mato das Cruces
Nos petróglifos do Outeiro das Mouras
Tesouros encantados e fermosas mouras se agochan baixo estes penedos de Salcedo
Plantación simbólica de carballos da man dos futuros herdeiros do noso legado cultural e natural
II SAÍDA POLA PARROQUIA DE SALCEDO
Mañá participaremos na “II Saída pola parroquia de Salcedo” organizadas pola Comunidade de Montes de Salcedo para dar a coñecer os traballos que se están desenvolvendo para a recuperación e ordenamento racional e sustentable do monte, así comos os labores de posta en valor do patrimonio. Nesta andaina cultural terei a ocasión de falarlles aos participantes do rico patrimonio arqueolóxico, etnográfico, inmaterial de Salcedo. O biólogo Amancio Castro falará das árbores autóctonas e da súa importancia e o presidente dos Comuneiros de Salcedo Fernando Pintos explicará os traballos de revalorización que se están a facer no monte comunal. Coido que é unha oportunidade para quen quera coñecer algúns dos proxectos máis interesantes que, no eido dos montes comunais e da súa xestión, se están desenvolvendo hoxe en día no país.