Monthly Archives: Xaneiro 2018

ENTREVISTA EN “DIARIO DE PONTEVEDRA” E “EL PROGRESO”

O pasado luns publicouse na contracapa do Diario de Pontevedra e El Progreso esta entrevista distendida que me fixo a xornalista Belén López. Tan só unha corrección porque a resposta á primeira pregunta está cortada e pode dar lugar a equívocos: “Eu son economista que é o que estudei PRIMEIRO. Ciencias Económicas e Empresariais. Pero si, a miña vocación sempre foi a antropoloxía POR ISO DESPOIS ESTUDEI A CARREIRA DE ANTROPOLOXÍA SOCIAL E CULTURAL, PARA FACERME ANTROPÓLOGO.” feita a aclaración, o meu agradecemento a Belén López por esta  entrevista tan pesoal e pola contraportada.

SKM_C55818012208300 El Progreso

 

PRESENTACIÓN EN RAMIRÁS DO LIBRO “UNIVERSOS SIMBÓLICOS”

Este sábado 20 de xaneiro ás 17.30h estarei en Ramirás (parroquia de Casardeita) convidado pola Asociación Cultural Follas Vivas-Lois Antón de Casardeita  para presentar o meu novo libro “Universos simbólicos. Olladas ao redor da cultura e identidade galega“. Moi agradecido por terme convidado a este acto e será un pracer compartir este tempo con quen teña a ben achegarse ao local social de Casardeita.

 

26230329_520351435031215_2979745394121675030_n

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA DO LIBRO “UNIVERSOS SIMBÓLICOS”

Chegou o día de presentar o meu novo libro na Boa Vila de Pontevedra. A cita será o vindeiro martes 16 de xaneiro ás 20h na Casa das Campás. E non o podía facer en mellor compaña pois, desta vez, acompáñame como mestre de ceremonias o meu amigo e escritor Rodirgo Cota. Se non tendes plan mellor para ese día e queredes pasar un anaco xuntos falando dalgunhas desas cousas da cultura que nos fan como somos, estarei encantado de vervos a todos e a todas alí. Convidados quedan, pois.

cartaz_rafa_universos

ACTUALIZACIÓN DO POST:

DIARIO DE PONTEVEDRA UNIVERSOS

NOVO CURSO DE ANTROPOLOXÍA GALEGA NA UNED

Tras o éxito de estudantes matriculados no curso Mitoloxía, crenzas, rituais e manifestacións festivas da cultura tradicional galega que impartín na UNED o trimestre pasado e ante a demanda e interese suscitado, teño o pracer de anunciar un novo curso de extensión universitaria para este semestre: “Curso de Antropoloxía social e cultural de Galicia: etnografía, patrimonio inmaterial e etnoarqueoloxía. Unha viaxe antropolóxica pola cultura e sociedade tradicional galega“.

A partir do 15 de febreiro e ata o 31 de maio temos unha cita coa antropoloxía galega na sede de Pontevedra da UNED.  Se estades interesados neste campo do coñecemento sobre o que somos e por qué somos como somos podedes matricularvos online a través da web da UNED.

Se neste curso desfrutamos todos xuntos aínda que só sexa a metade do gozado no anterior ben merece a pena.

Aquí a ligazón ao curso con toda a información de contidos e horarios:

http://extension.uned.es/actividad/16191&codigo=CURSO