Monthly Archives: Marzo 2015

FALANDO DO ENTROIDO EN GASTEIZ. ENTREVISTA EN HALA BEDI IRRATIA

Co gallo da nosa visita a Euskadi para dar unhas conferencias na Universidad del País Vasco, en Vitoria-Gasteiz, tivemos o privilexio de poder participar no programa Tropa de Breoghan, da  radio Hala Bedi Irratia, e alí ser entrevistados por Xavier Regueiro e Paulo Lema para falar dunha das celebracións máis importantes da nosa cultura: o Entroido.

IMG-20150323-WA0006

De esquerda á dereita Xavier Regueiro (Hala Bedi), o compañeior da SAGA Miguel Losada, un servidor e Paulo Lema (Hala Bedi)

LIGAZÓN AO AUDIO DO PROGRAMA:

http://halabedi.org/tropadobreoghan/breoghan17.mp3

http://halabedi.eus/2015/03/29/tropa-de-breoghan-programa-17/

IMG-20150323-WA0004

PRESENTACIÓN EN SALCEDO DO LIBRO “PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO”

Mañá ás 20h no local social de Cabanas, Salcedo.

 

cartaz apresentaçao salzedo

Actualización: fotos do acto

IMG-20150327-WA0003 - copiaNa mesa en compaña de Fernando Pintos (presidente da Comunidade de Montes de Salcedo) e de Ramón Laxe (presidente da Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta)

IMG-20150327-WA0004 - copia

 

EXPOSICIÓN “TERRA DAS MARABILLAS”

escanear0016

Este é un deses proxectos que un goza facéndos porque entroncan cos aspectos antropolóxicos que a min, persoalmente, máis me interesan. Isto é: a medicina popular, a mitoloxía e ás crenzas máxico-relixiosas. Así que se vos tedes tamén teñen intereses por estes temas aquí teñen a oportunidade de achegarse a unha mostra que xira en torno a ese fascinante mundo da nosa cultura inmaterial.

1622756_691043224337566_5369788516012619894_n (1)

Coa amiga Ana Lois e co concelleiro de Patrimonio Luis Bará na inauguración da exposición

CAM02470

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) acolle dende o mércores 18  ata o vindeiro 29 de marzo a exposición “Terra das Marabilla” na que pretendemos amosar a través de obxectos, imaxes, textos e vídeos parte da riqueza patrimonial da parroquia de Salcedo.

11074730_691046797670542_8808647689400803412_n

CAM02467

A exposición “Terra das Marabillas” está dividida en 3 bloques temáticos que, á súa vez, se dividen en 9 apartados. Ambos os dous números máxicos.

 A MITOLOXÍA

  • Seres Míticos (escolma de mitoloxía de Salcedo)
  • Animais Marabillosos (animasi máxicos, e crenzas relacionadas con eles)

11070202_691047394337149_8596984945371392860_n

 A PROTECCIÓN

  • Tempestatem Fugit  (protección fronte aos elementos)
  • Libranos do mal (amuletos, a protección da casa , da facenda e das persoas)
  • O poder dos Santos. Santos que curan e Santas que protexen (a protección divina, neste caso a devoción aos santos avogosos de Salcedo: san Brais e santa Rita)

19119_691043674337521_1196136132707551155_n

 

CAM02477

A CURACIÓN

  • Augas que todo o poden (augas curativas e augas de fontes máxicas de Salcedo)
  • Plantas máxicas (plantas curativas, plantas protectotas e favorecedoras da fertilidade)
  • Tallar, cortar, cruzar e bendicir (armas simbólicas fronte o mal e o poder esconxurador da palabra)
  • A forza do rito (representación dun rito protector, un rito curativo e un rito esconxurador dos múltiples que se fan en Salcedo)

10806278_691042901004265_4375474272889062380_n

11080986_691042694337619_6318260578472845105_n

CAM02476

Na exposición poderedes ver  máis de 200 obxectos divididos en sete vitrinas que forman parte da miña colección particular ademais dos exvotos de San Brais cedidios por Ana Lois e unha magnífica campá e bronce cedida polos compañeiros Xosé Feijóo e Rosalía Rodríguez. Tamén se poden ver todos os vídeos que conforman o documental ‘Terra das Marabillas’ que se presentou ao público o pasado domingo 15 de marzo no Teatro Principal.

10952416_691043951004160_1960747585329655028_n

11083849_691046654337223_2481474666094066706_n

Se queredes visitar esta exposición aquí tendes os horarios:

  • Xoves 19 e 26, mércores 25: de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas
  • Venres 20 e domingos 22 e 29: de 11.00 a 14.00 horas
  • Sábados 21 e 28, venres 27: de 18.00 a 21.00 horas
  • Luns 23 e martes 24: pechado.

11062061_691044177670804_4478972977867552364_n

CAM02474

TEXTO INTRODUCTORIO DA EXPOSICIÓN

A exposición Terra das Marabillas nace ao abeiro do traballo audiovisual “Terra das Marabillas”, no que a xornalista Ana Lois recolle o mundo máxico e mitolóxico da parroquia de Salcedo. Un documental que, á súa vez, complementa en imaxes a monografía “Patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas” do antropólogo Rafael Quintía, que tamén colabora neste audiovisual.  Esta exposición é, xa que logo, o intento de amosar, a través dunha escolma de obxectos, de imaxes e de textos, unha parte dese valioso patrimonio inmaterial que atesoura a parroquia de Salcedo. Neste caso, a parte máis vencellada ao mundo das crenzas, do mítico e do máxico da nosa cultura.

 Comisario: Rafael Quintía

Textos: Rafael Quintía

Debuxos: Francisco Sutil, Miriam Quintía e Olalla D. Boo

Fotografías: Ana Lois

Obxectos: colección particular de Rafael Quintía. Exvotos cedidos por  Ana Lois. Campá cedida por Xosé Feijóo e Rosalía Rodríguez.

Coordinadora do proxecto “Terra das marabillas”: Ana Lois

18792_691042177671004_397830343811490924_n

1503927_691042247670997_1359548276404689806_nFotografías cortesía de Carlos Javier Serrano.

VISITA GUIADA:

O sábado 21 de marzo, ás 12 h., farei unha visita comentada á exposición Terra de marabillas.

RUMBO A “ATLÁNTICA. FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL”

 

10998856_10206011342907154_2276112773373161456_n

O día 19 de marzo a partir das 19h terei o pracer de participar nesta edición de “Atlántica. Festival internacional de narración oral” no acto de homenaxe á web “Galicia encantada”. Un luxo compartir mesa cos amigos Antonio Reigosa e Avelino González e, por suposto, co resto de contertulios. Coido que un evento que non vos deberiades perder todos aqueles emanorados do noso patrimonio inmaterial.

11045348_1577824625799086_8891046328195055999_n

 

ACTUALIZACIÓN DO POST: IMAXES DO FESTIVAL ATLÁNTICA

Un grande pracer poder participar onte no Festival Atlántica, compartir relatos co público e con grandes da narración como Soledad Felloza, Charo Pita, Ángeles Goás Amado, Xacobe de Pavís Pavós e Avelino Gonzalez e, como non, ter a oportunidade de homenaxear a Antonio Reigosa e o seu magnífico proxecto de Galicia Encantada.

1926113_10206242342361996_5012367115536799765_o

De esquerda a dereita Charo Pita, Ángeles Goás, rafa Quintía, Antonio Reigosa, Soledad Felloza,  Xacobe de Pavís Pavós e Avelino Gonzalez

1900213_10206242334561801_5304012719165407501_o

Un servidor 

11046609_10206242336121840_3090092563249833841_o

Intervención de Ángeles Goás

11070825_10206242337681879_2907629183430727346_o

Intervención de Xacobe de Pavís Pavós

11046611_10206242339761931_21938464447531918_o

Intervención de Charo Pita

11082236_10206242341321970_167790390256060301_o

Intervención de Avelino González

11046431_10206242330441698_5590109499883812318_oSoledad Felloza homenaxea a Galicia Encatada e ao seu creador Antonio Reigosa

Fotografías cortesía de Festival Atlántica.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “GALICIA ENCANTADA. A TERRA DAS MIL E UNHA MARABILLAS”

Este martes 17 estaremos acompañando ao amigo Antonio Reigosa na presentación do libro “Galicia Encantada. A terra das mil e unha marabillas” no que tiven o gusto de colaborar. Un acto para non perderse.

O ATENEO DE PONTEVEDRA

e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

comprácense en convidalo/a á presentación do libro:

Galicia Encantada

O país das mil e unha fantasías

Edición de Antonio Reigosa

O acto, que contará coa participación de Poldo Cañizo Durán,

Rafael Quintia, Calros Solla, Manuel Bragado

e Antonio Reigosa, terá lugar o martes, 17 de marzo, ás 20:00 horas,

no Salón de Actos d’ A Casa das Campás,

rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra.

XG00238501

galicia encantada

Foto do acto, cortesía de Anxo González Guerra

10308298_10204159962467507_8613875872866290364_nDe esquerda á dereita: Poldo Cañizo, Antonio Reigosa, Rafa Quintía e Manuel Bragado.