Monthly Archives: Febreiro 2013

FALANDO EN RNE SOBRE ROSALÍA DE CASTRO E AS CAMPÁS DE BASTAVALES

Para homenaxea-la nosa insigne escritora Rosalía de Castro aquí vos deixo este audio que recuperei do meu  arquivo.

campás de bastabales

 

Reportaxe en RNE sobre Rosalía de Castro e as campás de Bastavales. Falo sobre a linguaxe das campás. 

ESCOITAR:

http://www.ivoox.com/rosalia-castro-e-as-campas-bastavales_mn_1527702_1.mp3″

LIGAZÓN DE DESCARGA:

http://www.ivoox.com/rosalia-castro-e-as-campas-bastavales_md_1527702_1.mp3

XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA.

Este xoves comezan as xornadas que organizamos dende a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Non volas perdades, estades todos convidados!!

cartaz entrudo

programa entrudo

Xornadas sobre o Entroid.._Página_1

El Entroido entra en el .._Página_1

FALAMOS NA PRENSA DA IMPORTANCIA DE ESTUDAR E CONSERVA-LO TÚMULO DE COESES

Tanto o xornal El Progreso como Galicia Confidencial  fanse eco  do que hai uns días comentabamos neste blog respecto ás  similitudes entre o posible túmulo descuberto en Coeses e os túmulos británicos. Nestes días varios foron os medios que se puxeron en contacto co amigo Xabier Moure e cun humilde servidor que o único mérito que teño -máis ben obriga social-  foi facerme eco da noticia e denuncia-la posible destrucción deste túmulo. Como exemplo do interese mediático,  aquí deixo as dúas últimas novas publicadas na prensa ó respecto. Alégrano-la repercusión que está a ter este importante achádego inédito en Galicia e dende aquí agradecemos ós medios de comunicación, e ós moitos cidadáns e colectivos que se puxeron en contacto con nós, o interese demostrado na divulgación deste interesante xacemento e na denuncia da súa posible destrucción. Seguiremos informado.

IMG

El Progreso - Coeses ten 'xemelgos' británicos__Página_1

galicia confidencial

Unha aclaración que fixo Xabier Moure no seu facebook ó respecto dun erro neste artigo: el non está a dirixi-lo equipo de arqueólogos que investigue este túmulo.

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/13255.html

O XORNAL “SERMOS GALIZA” E OUTROS MEDIOS FANSE ECO DA POSIBLE DESTRUCIÓN DO TÚMULO DE COESES

Os medios de comunicación estanse a facer eco da nova comentada no post anterior sobre o túmulo achado en Coeses (Lugo). Moitos son os medios que se puxeron en contacto c0n nós e se interesaron polo tema. Agardamos que a presión social e a repercusión mediática poñan un pouco de cordura en todo este problema e as Administracións competentes tomen cartas no asunto.

Quero felicitar dende aquí ó  compañeiro Xabier Moure que está  a facer un importante labor de divulgación e concienciación a prol da conservación deste xacemento. As reunións que está mantendo con diversos colectivos culturais, sociais e políticos da zona están sendo positivas e  as conversas mantidas con determinadas Autoridades esperemos que vaian polo mismo camiño.

Unha pequena correción dun erro que hai no artigo de Sermos Galiza, eu non son arqueólogo senón antropólogo.

sermos galiza

LIGAZÓNhttp://www.sermosgaliza.com/artigo/arte-imaxe-patrimonio/fomento-poderia-destruir-valiosos-restos-arqueoloxicos-en-lugo/20130211185228010953.html

El Progreso - Fomento no.._Página_1

El Progreso - A Xunta es.._Página_1

FOMENTO QUERE DESTRUIR UN POSIBLE TÚMULO INÉDITO EN GALICIA

Coido que é importante facerse eco desta noticia pois, se non se evita, poderiamos estar ante outro deses atentados contra o nosos patrimonio ó que xa nos ten acostumados o Ministerio de Fomento.

379256_4284529188030_1611663743_n

O posible  túmulo descuberto en Coeses. Fonte: El Progreso

O pasado sábado, o amigo Xabier Moure colgaba no seu muro de facebook a nova da descuberta en Coeses (Lugo) dunha estraña estrutura arqueolóxica que saíu á luz no ano 2011 co gallo das  obras dunha autoestrada.  Segundo explica Xabier, o xacemento podería corresponder a un  posible túmulo duns 60 metros de diámetro, probablemente datado na Idade do Bronce. Ata aquí nada raro, pero o peculiar do achádego ven dado polo feito de que ese posible túmulo posúe muros interiores e exteriores, e está arrodeado por un foxo, existindo, ademais, fosas tamén no interior da area tumular onde se atoparon restos cerámicos. Este tipo de estruturas anexas ó túmulo son algo do que non tiñamos noticia no rexistro arqueolóxico galego, de aí a importancia do xacemento, como ben sinala Xabier.

Cando lin a descrición do posible túmulo inmediatamente me viñeron á cabeza moitos do túmulos británicos e irlandeses —coñecidos en inglés como barrows— moitos dos cales si posúen este tipo de elementos, cítese: muros interiores e exteriores, foxos ó redor do túmulo e incluso parapetos. Tamén é frecuente atopar cerámica, ósos e outros restos materiais enterrados nos foxos que circundan este tipo de monumentos megalíticos, e non só nos túmulos senón tamén nos henges, no que semella unha sorte de práctica ritual na que entrarían en xogo este tipo de depósitos votivos. Así llo fixen saber a Xabier quen concorda comigo neste posible interpretación e na importancia do xacemento.

Ballowall-Barrow (1)

Ballowall barrow, en Cornualles. Túmulo con foxo e muros masivos de pedra ó redor.Idade do Bronce.  http://www.adamstanfordphotography.co.uk

plan-ballowall-barrow

Plano de Ballowall barrow coas distintas estructuras. Fonte:English Heritage

Casualidades da vida, hai unha semana que regresei precisamente de Gran Bretaña de estudar, entre outros monumentos arqueolóxicos, este tipo de túmulos,  así que a noticia deste raro achádego na nosa terra deixoume bastante sorprendido e ilusionado ante a expectativa de que, hipoteticamente, puidésemos estar ante un tipo de túmulo inédito no noso país pero con abundantes paralelos no mundo atlántico británico. Algo que, por outra banda, non debería sorprendernos senón máis ben todo o contrario, se temos en conta os paralelos culturais existente no arco atlántico e os duradeiros e fortes contactos comerciais e culturais que existiron no pasado en toda esta rexión.

Belas Knap neolithic long barrow, Northern False Portal

Túmulo de Belas   Knap, en Gloucestershire (Inglaterra) con muro internos e foxo circundante. Fonte:wwww.quintinlake.com

Por desgraza, semella que o Ministerio de Fomento non comparte este entusiasmo nin cre que o xacemento teña o máis mínimo interese, ou máis ben cre que si o ten, por iso ven de anunciar que non vai varia-lo trazado da autoestrada co que, se non se impide, as padexadoras acabarán con outro valioso achádego e non me estrañaría que incluso antes  de que os arqueólogos poidan desvelar tódolos segredos e a importancia que agocha este valioso xacemento.

bronze_age_barrow_types_j050104_1346439

Tipoloxía de túmulos británicos. Fonte:English Heritage

Sei que Xabier Moure, xunto con outra xente, xa se está movendo para impedir esta barbarie por iso eu quero achega-lo meu humilde gran de area facendo dende aquí un chamamento á cordura e á responsabilidade das administracións públicas que teñen que velar polo noso patrimonio histórico e arqueolóxico para que tomen cartas no asunto e impidan este inminente acto de terrorismo cultural. Do contrario agradeceríalles que deixasen de usa-los meus impostos para pagar inútiles e incompetentes.

424660

Obras da autoestrada e xacemento arqueolóxico. Fonte: El Progreso