Category Archives: 07. PRESENTACIÓNS, CHARLAS E CONFERENCIAS

“O Entrudio nas montañas de Manzaneda. Mázcaras xiróvagas, danzas rotacionais e fraternidade ritual”. Por Rafael Quintía

Conferencia das IX Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, edición on-line.

CONFERENCIA EN CERPONZÓNS: ETNOMEDICINA E RITUALÍSTICA PROTECTORA

Este venres 15 ás 21h falaremos na casa do pobo de Cerponzóns sobre a ritualística protectora e curativa na cultura tradicional galega. Un acto programado dentro do Ciclo de conferencias do Milenario de Cerponzóns.

protección

CONFERENCIA EN CERPONZÓNS SOBRE O ENTROIDO GALEGO

Hoxe, venres 1 de marzo ás 20.30h darei unha conferencia sobre o entroido galego na Casa do Pobo de Cerponzóns.  Un acto programando dentro do ciclo de conferencias do Milenario de Cerponzóns. Estades convidados.

Cerponzons_Entroido_Rafa

CONFERENCIA EN PAZOS DE BORBÉN

Este xoves en Pazos de Borbén falando cos rapaces sobre historia, patrimonio e cultura galega. O meu agradecemento á biblioteca pública de Pazos de Borbén pola organización destas actividades. Dentro do ciclo “Encontros con autores”.

ZRGLtiuA

CURSO DE ANTROPOLOXÍA SOCIAL E CULTURAL GALEGA

A partir do vindeiro 16 de outubro, os martes pola tarde estarei en Santiago de Compostela impartindo un curso sobre antropoloxía cultural e social galega. Comezamos cun primeiro módulo adicado á mitoloxía e as festas do ciclo do ano.

O curso impartirase na Cidade da Cultura e está organizado por Trebum Cultura. Se alguén está intersado aínda se pode matricular contactando con Trebum Cultura:

Trebum Cultura

http://www.trebum.com/
Cidade da Cultura de Galicia
Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela

42570094_856661267861134_8273431412506361856_n