Monthly Archives: Xuño 2013

A EXPOSICIÓN “AS PONTES DE PONTEVEDRA”

pontes

CAM00395

CAM00386

Este pasado xoves 27 de xuño inaugurouse no claustro do convento de San Francisco (Pontevedra) a exposición “As pontes de Pontevedra”. Un interesante evento cultural organizado polo concello de Pontevedra e no que tiven o pracer de colaborar cuns textos para os paneis explicativos e cun artigo sobre a simboloxía das pontes e a súa importancia nos ritos e na literatura oral galega que se editou no libro que recolle a exposición.

CAM00401

La ciudad de los 300 puentes - Faro de Vigo_Página_1

A exposición estará aberta ata o 31 de xullo en nos seguintes horarios:

Martes a xoves: de 17 a 21h

Sábados: de 11 a 14h e de 17 a 21h

Domingo: de 11 a 14h

CAM00399

CAM00379

CAM00393

Dende aquí recomendo a súa visita para coñecer un pouco máis o mundo das pontes, ese patrimonio tan noso, neste país dos mil ríos, e que acabou dando nome á vila de Pontevedra.

La ciudad de los puentes_Página_1La ciudad de los puentes_Página_2

Diario de Pontevedra - Pontevedra saca a relucir sus viaductos y gallipuentes_Página_1

'De ponte en ponte', porque explicar la historia de Pontevedra sin los puentes es imposible - Pontevedra Viva_Página_1'De ponte en ponte', porque explicar la historia de Pontevedra sin los puentes es imposible - Pontevedra Viva_Página_2

A continuación achego o texto do meu traballo para esta exposición, tanto o texto publicado nos paneis e no libro como o texto íntegro do artigo:

As Pontes de Pontevedra_Página_1As Pontes de Pontevedra_Página_2As Pontes de Pontevedra_Página_351ccaa58095f9-img_8462(Orixe desta fotografía: http://pontevedraviva.com)

AS PONTES DE PONTEVEDRA.

Símbolo, ritos e literatura oral

Rafael Quintía Pereira

Antropólogo

O Valor simbólico das pontes

En Galicia as pontes son lugares de enorme carga simbólica, enclaves especiais da nosa xeografía sagrada e mítica, son o espazo onde fan acto de presenza as forzas máxicas e por este motivo foron lugares de encontro co descoñecido ou lugares especiais para a celebración de curaciones e ritualidades varias. A ponte, asemade que construción arquitectónica, representa a unión entre dous espazos separados, pero as pontes, no plano simbólico, non só unen senón que tamén transpoñen, no senso de superar. É por iso que moitas veces se ten representado unha ponte unindo o Ceo e a Terra, ponte que, a miúdo, adquire a forma do Arco da Vella. Non é de estrañar entón que, debido á súa función de mediador entre este mundo e os mundos superiores, aos emperadores romanos, coma aos papas, se lles llamase pontifex (construtor de pontes). A ponte, polo seu caráctert liminal,  representa tamén o camiño que deben seguir as almas dos mortos no seu transo cara ao Alén.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Pontes e rituais: o bautismo prenatal

As pontes non só formaron parte da nosa historia e das nosas lendas senón que tamén foron escenario e actores de vellos ritos e ancestrais crenzas. Quizais o rito galego máis famoso relacionado coas pontes e o seu carácetr simbólico sexa o coñecido como bautismo prenatal ou bautismo anticipado. Cando un matrimonio sufrira repetidos abortos, falecementos do bebé no parto ou mortes prematuras dos seus fillos recorría a este rito como remedio preventivo para evitar que a desgraza volvese repetirse. Para iso era necesario bautizar o neno antes de nacer, é dicir,  cando aínda estaba no ventre da nai.  O bautismo prenatal celebrábase en Pontevedra na Ponte do Burgo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Este rito bautismal executábase ás doce da noite e, preferiblemente, o último sábado de mes. Aínda que existen diferentes variantes, a ritualidade fundamental consistía na seguinte: levábase a  muller embarazada a unha ponte baixo a que correse un río e na que houbese no seu centro un cruceiro ou, no seu defecto, nas inmediacións da ponte. A muller tiña que chegar ao lugar un pouco antes da media noite e ir acompañada de homes e mulleres da súa confianza que portaban unha cesta chea de comida e un  garrafón de viño. Unha vez na ponte,  colocábase a embarazada no centro dela e ao seu lado un fanal aceso. Os acompañantes sitúanse en ambas as dúas entradas da ponte co obxecto de impediren que pase ninguén antes da hora sinalada e que tampouco  se coe ningún animal. Todo o procedemento debía facerse en completo silencio, utilizando para comunicarse unicamente xestos. Tan pronto chegaba o primeiro viandante era parado e facíaselle esperar ata as doce en punto, nese momento a persoa da comitiva que vixiaba a entrada da ponte pola que aparecera o camiñante rompía o silencio e dirixíase a el rogándolle que fixese o favor de bautizar a criatura no ventre da nai. Unha vez aceptada a encomenda, achegabánse a onde ficaba a embarazada e había que dicir:

 Hombre o mujer que vienes de fortuna,

bautízame esta criatura

En resposta, o improvisado  padriño —ou madriña— botaba sal sobre o seo da nai e auga bendita sobre o seu ventre preñado á vez que recitaba o seguinte ensalmo:

 Si é home Manuel se le pone,

si é muller Isabel.

Criatura te bautizo en el nombre del Padre,

del Hijo y del Espíritu Santo. Amén.

O nomes citados no ensalmo son xenéricos e adoitaban cambiarse por aquel elixido pola nai. Outras veces, cando o bautismo se celebra sobre un río cuxas augas se mesturan coas do mar, prescindíase do sal e da auga bendita e  bautizabáse o ventre da nai con auga do río. Unha vez rematada a cerimonia, a muller cambiábase de roupa e antes de regresar á casa procedían todos xuntos a dar conta das viandas e do viño. O que sobrase do ritual banquete debía arroxarse ás augas do río.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA ponte do Burgo

As pontes na literatura oral

As pontes, as pontellas, os pontillóns, os pasos ou poldras, como elementos arquitectónicos fundamentais na construción e humanización da paisaxe, acompáñannos dende que o home se botou a percorre-los camiños desta terra nosa. Moitos deles non só teñen un indubidable valor artístico, histórico e/ou etnográfico senón que son depositarios tamén dun fondo e importante patrimonio inmaterial. Do mesmo xeito que unen as dúas beiras dun río, as pontes unen o patrimonio material e o inmaterial nun mesmo elemento arquitectónico e simbólico.

 Pontes que dan nome a vilas como Pontevedra ou a parroquias como Ponte Sampaio. Refráns que teñen as pontes como referente climatolóxico —En setembro, ou secan as fontes ou os ríos levan as pontes—,  ditos nos que a ponte se amosa como unha sorte de reloxo para indica-lo transcorrer do tempo —Xa pasou moita auga por debaixo da ponte—, cantigas nas que as pontes son testemuñas de amoríos, de brincadeiras, de traballos e doutros retazos da vida:

Pasei a Ponte Sampaio,

paseicha nunha carreira.

Que me quería prender

unha rapaza solteira.

 OLYMPUS DIGITAL CAMERAA ponte de Ponte Sampaio

O cura foi ó muíño

e caeu da ponte embaixo.

Correde, nenas, correde

que vai polo río abaixo.

 

Debaixo da ponte do río,

pasaba un barco de vela

cargado de homes mozos,

todos son de Pontevedra.

Contos e lendas fan constante referencia ás pontes que debido ás súas particularidades foron atesourando unha rica mostra da nosa literatura oral. Contos de tesouros agochados baixo a ponte do Batán na parroquia de Salcedo, lendas de pontes construídas polo demo nunha soa noite, pontes feitas polos mouros, pontes que teñen encantamentos, pontes que gardan historias de heroicas batallas como a Ponte Bolera ou a Ponte Sampaio… e xa se sabe que  ó inimigo que foxe, ponte de prata.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

As pontes, sobre todo as que cruzaban ríos, tamén foron lugar de xogo de nenos e mozos. Así fica na memoria dos pontevedreses que antano foron nenos a antiga ponte do ferrocarril que cruzaba a ría de Pontevedra alí onde esta se bica co Lérez, ponte que foi improvisado trampolín de mozos que facían gala da súa valentía lanzándose ó río dende o alto da vella estrutura de ferro. Non faltaba quen se atrevía a facelo dende a ponte da Barca e o mesmo se facía na ponte do tren que une Monteporreiro e Lérez.

As pontes, as pontellas, os pontillóns, os pasos ou poldras, valedores da nosa cultura inmaterial pois de igual xeito que non hai pobo sen contos e lendas,  non hai ponte sen río nin muíño sen rodicio.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

PRESENTACIÓN DE ANUARIO “FOL DE VELENO Nº3” EN RADIO OBRADOIRO (AUDIO DO PROGRAMA)

O pasado Sábado 22 de xuño  presentamos no programa O Sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro o anuario Fol de Veleno 2013 (nº3).  Foi unha marabillosa tertulia con tódolos convidados ó programa dirixido por Alicia López.

O Sombreiro de Merlín é un programa literario e cultural no que se propicia o encontro das artes, as ciencias e as humanidades e que dende aquí recomendamos a todo o mundo interesado nestes temas, non só polos seus sempre interesantes contidos senón tamén polo bo facer do equipo do programa comandado pola ben querida Alicia.

 

LIGAZÓN Á WEB DO PROGRAMA:

http://www.radioobradoiro.com/programas/?pag1=2&int1=63

1011342_503950193011696_1344281979_nCo Alicia López, os contertulios do programa e o compañeiro Miguel Losada (Foto: O Sombreiro de Merlín)

ESCOITAR AQUÍ O PROGRAMA SOBRE “FOL DE VELENO Nº3”:

http://www.ivoox.com/o-sombreiro-merlin-presenta-fol-veleno_md_2155924_1.mp3″ Ir a descargar

PARTICIPAMOS NO “VII ENCUENTRO INTERCULTURAL” DA FUNDACIÓN CARMEN ARNAU (TOLEDO)

escanear0007

A antropóloga toledana Carmen Arnau (especializada en pobos siberianos) convidounos a SAGA ó VII Encuentro Intercultural que se celebrou o pasado sábado 8 de xuño no seu etnomueseo de Las Ventas con Peña Aguilera (Toledo). Alí estivemos unha representación da SAGA e aproveitaremos tamén para agasalla-los participantes no encontro cunha pequena mostra da nosa música tradicional.Foi un auténtico placer poder colaborar neste evento e poder representa-la nosa terra neste interesante encontro intercultural.

Achegámo-las ligazóns da web de Carmen Arnau, da súa fundación e do seu etnomuseo:

http://www.carmenarnaumuro.com/
http://www.etnomuseosiberia.org/
http://www.fundacioncarmenarnaumuro.org/

Artigo sobre o labor de Carmen Arnau no meu blog:

https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2012/07/27/o-etnomuseo-dos-pobos-de-siberia-e-o-labor-da-antropologa-carmen-arnau-muro/

Cartel

CRÓNICA FOTOGRÁFICA DA NOSA PARTICIPACIÓN NO “VII ENCUENTRO INTERCULTURAL” DA FUNDACIÓN CARMEN ARNAU

TOLEDO
Vista panorámica de Toledo

TRES BARBUDOS
Os membros da SAGA Rafael Quintía, Antonio Vázquez e Miguel Losada en Toledo

CARTEL

BANIA
Miguel Losada, Antonio Vázquez e Rafael Quintia xunto á bania (sauna siberiana)

CABANA

TIPIS
Tendas nómades

NO BALAGÁN
Toño Vázquez e Rafa Quintia xunto ó balagán (casa comunal chorse)

TRIA IURTA
Grupo de música tradicional da SAGA

TOCANDO
Actuación do Grupo de música tradicional da SAGA

BAILANDO
A antropóloga toledana Carmen Arnau Muro bailando unha muiñeira

EN MARCHA

COS RUSOS
Co Coro do Centro Ruso de Ciencia e Cultura

GRUPO RUSO
Actuación do Coro do Centro Ruso de Ciencia e Cultura

RUSA

COROS NENOS
Actuación do Coro da Escola Musical de San Petesburgo

COS FLAMENCOS
Co grupo folclórico da asociación cultural Algazara

CON CARMEN
Coa antropóloga Carmen Arnau Muro

Fotografías de: Miguel Losada, Antonio Vázquez e Rafael Quintia

XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE COESES: SAÍMOS DE GUATEMALA E METÉMONOS EN GUATEPEOR

Hai un par de días celebrábamos a boa nova de que o túmulo de Coeses non ía ser destruído polas obras da autoestrada AP-54. Pouco durou a alegría, hoxe vemos a outra cara da moeda…de Xudas. Fomento anunciou que vai desvia-lo trazado da autoestrada pero faino cara o lado onde se atopa un dos xacementos máis importantes e escasos dos que se teñen descuberto nos últimos anos: unha necrópole da Idade do Ferro posiblemente vinculada ó castro Valente e ó túmulo-círculo lítico de Coeses.

 Una autovía de Fomento atravesará por el medio un yacimiento único _ Galicia _ EL PAÍS_Página_1Una autovía de Fomento atravesará por el medio un yacimiento único _ Galicia _ EL PAÍS_Página_2

 

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/31/galicia/1370025385_803253.html

Estamos ante un xacemento inédito en Galiza, no que se atoparon numerosos restos de lumes, probabelmente de pías funerarias, e vasos funerarios. Os propios técnicos de Patrimonio teñen alertado da importancia do aquí descuberto.

389663_4258112110638_1974244258_n

5232_4258110470597_1880086685_n

Sempre se dixo, a xeito de brincadeira —mestura de tópico e falta de traballo de campo—,  que dos galaicos da Idade do Ferro (iso que algún chaman castrexos) se sabía onde vivían pero non onde se enterraron. Pois ben, agora temos unha oportunidade escepcional de estudar unha desas necrópoles perdidas e esclarecer unha faceta moi importante da vida, das crenzas  e da sociedade dos nosos devanceiros que, no plano cultural,  é como falar de nós mesmos e de onde vimos.

1574_4258103590425_1103397568_n

O Ministerio de Fomento, amosando o desleixo habitual e bárbaro por todo o que supón o coñecemento histórico e cultural do noso pobo, quere agora pasar por riba deste valioso achádego. Non ten sentido salva-lo túmulo de Coeses e destruir esta necrópole, pois está claro que todos estes elementos forman parte dun mesmo contexto arqueolóxico e posiblemente cronolóxico: castro, necrópole e túmulo. A importancia deste achádego, tan infrecuente na nosa terra, fai aínda máis necesario a conservación de todo o complexo.

601333_4258115990735_953926357_n

Dende aquí súmome á denuncia deste novo atentado terrorista contra o noso patrimonio e como cidadán esixo que se paren as obras que poñen en perigo este achádego, se estude en profundidade, se divulguen os resultados e se conserve e poña en valor o xacemento se é que é viable tecnicamente. Anímovos a todos vós a denuncia-los feitos e a ver se coa presión social conseguimos de novo deter esta barbarie.

Agradezo as fotos cedidas por Carlos Bello.