Category Archives: 08. MULTIMEDIA

“O Entrudio nas montañas de Manzaneda. Mázcaras xiróvagas, danzas rotacionais e fraternidade ritual”. Por Rafael Quintía

Conferencia das IX Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, edición on-line.

O documental “LUPA. NA PROCURA DO MITO DA RAÍÑA LOBA” on line

Aquí deixo a ligazón para o visionado do documental “Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba”, que fixemos no 2018 dende Ab Origine.  Antropoloxía. Un proxecto audiovisual divulgativo entre o documental etnográfico e “aventura” que disfrutamos moito facendo e que agardo que vos guste.

SINOPSE:
“Lupa: Na procura do mito da Raíña Loba” é un proxecto audiovisual para a divulgación do noso patrimonio cultural. Unha aventura na que percorremos todo o país na procura dun dos mitos máis significativos da nosa cultura: o mito da raíña Lupa e da traslación do apóstolo Santiago. Unha viaxe fascinante polo noso patrimonio material e inmaterial, por montes sagrados, covas misteriosas, cidades asolagadas e moitas das paisaxes naturais e míticas que fan deste país unha auténtica xoia cultural.

FICHA ARTÍSTICA/TÉCNICA:
Título: Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba.
Tipo: Documental etnográfico e histórico
Guión e Dirección: Rafael Quintía
Realización e edición: Miguel Alonso Cambrón
Produción: Ab Origine
Colaboran: Concello de Pontevedra, Concello de Boqueixón, Concello de Carnota, Cervexas Nasa, Vermú Petroni e Grupo Donoso
Ano: 2017
Duración: 73 minutos aprox.

VISIONADO ONLINE:

 

DOCUMENTAL “MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA”. Visionado online.

Deixo aquí, para o seu visionado libre,  o documental sobre os muíños que fixemos no 2016 dende a Sociedade Antropolóxica Galega e coa colaboración do Concello de Pontevedra-Concellería de Patrimonio. Un traballo audivosual sobre a historia e a etnografía dos muíños galegos de río, con dirección e guión do que aquí escribe, coa execelente realización do meu compañeiro João Bieites, as recreacións en 3D de Miguel-Ângelo Bieites, a voz de Paz Castro e a marabillosa música de Carmen Gallego e César Loureiro. Aproveito para reiterar as grazas a todos aqueles amigos, veciños, informantes (transmisores) e demais colaboradores que fixeron posible este traballo.

ESTREA DO DOCUMENTAL “LUPA. NA PROCURA DO MITO DA RAÍÑA LOBA”

O vindeiro venres 16 de marzo ás 21h estrearemos no Teatro Principal de Pontevedra o noso documental “Lupa. Na procura do mito da Raíña Loba”. Un audiovisual de AB ORIGINE con dirección e guión de Rafael Quintía, narración e presentación de Rodrigo Cota e realización e montaxe de Miguel Alonso. Neste novo traballo percorremos a xeografía galega na procura da pegada da Raíña Lupa, dende os relatos contidos no Codex Calixtinus ata as lendas de tradición oral que aínda permanecen vivas en moitos recunchos do país. Unha aventura que nos gustaría compartir con todos vós.

Estrea-Lupa-2018-Pontevedra

Trailer

 

 

DOCUMENTAL “MADAMAS E GALÁNS” ONLINE

PORTADA MADAMAS

O Entroido tradicional galego é moi rico e diverso en personaxes, ritos e tradicións. Dentro desta riqueza de expresións destaca o Entroido de Cobres, no que as Madamas e os Galáns son os seus protagonistas máis senlleiros. Percorremos neste documental a historia do Entroido de Cobres e dos diferentes entroidos enxebres que se celebraban no concello de Vilaboa. Descubrimos o significado profundo desta festa ritual, os seus elementos constituíntes, os aspectos que se perderon co paso do tempo e o xeito no que hoxe se celebra este famoso entroido.

Dirección: Rafael Quintía
Guión: Rafael Quintía e Xosé Anxo Rosales
Montaxe: Miguel Alonso
Edición: Miguel Alonso
Música: Rafael Quintía e João Bieites

Unha producción de Ab Origine Antropoloxia promovida e financiada pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa. Coa colaboración do Concello de Vilaboa e da Deputación de Pontevedra. Ano 2016.