Monthly Archives: Abril 2011

XORNADAS DE CULTURA E TERRITORIO

O vindeiro sábado 30 celébranse en Lugo as xornadas de Cultura e Territorio organizadas por ADEGA. O compañeiro João Bieites e máis eu estamos convidados para falar sobre “A tradición oral e o territorio”.

Coido que serán unhas xornadas interesantes, así que se tendes oportunidade non dubidedes en asistir.

PRESENTACIÓN EN LUGO DO LIBRO “DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO”

O vindeiro venres día 29 de abril ás 20h na Galería Sargadelos de Lugo presentarase o libro Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo de Rafael Quintía. Neste traballo o autor nos revela as claves mitolóxicas e simbólicas necesarias para interpretar e descubri-los segredos do Monte do Seixo, unha das montañas sagradas máis espectaculares e á vez máis descoñecidas de Galicia. Un santuario a ceo aberto que aglutina tal riqueza mitolóxica, lugares de culto, restos megalíticos, e pedras sagradas que o converten nunha especie de parque temático do paganismo galaico máis ancestral. No acto proxectarase tamén unha versión reducida do documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica, e contaremos coa presenza de João Bieites, realizador e codirector —xunto a Rafael Quintía e Calros Solla— deste traballo audiovisual, considerado o primeiro documental de longa duración sobre mitoloxía galega.

Dous momentos da presentación:

De esquerda a dereita: João Bieites, Antonio Reigosa e Rafael Quintía

INSTANTÁNEAS E PALESTRAS DO III CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE CULTURA CELTA

Rematado xa o III Congreso Internacional sobre Cultura Celta celebrado en Narón, transcribo a continuación cal foi o intenso programa dos tres días nos que se desenvolveu o fructifero evento. Achego tamén algunas instantáneas dalgúns dos participantes.



Dous momento da miña intervención. Fala Rafael Quintía, modera Blanca García Fernández-Albalat


Momento da intervención do insigne Venceslás Kruta. Modera André Pena Graña


Momento da intervención do bo amigo Pablo Novoa. Modera André Pena Graña


Momento da ponencia de André Pena Graña. Modera Blanca García Fernández-Albalat


O compañeiro Calros Solla nun momento da súa intervención. Modera: André Pena Graña

PROGRAMA DO CONGRESSO – CONGRESS PROGRAM

15 Abril/April 2011
9:00 – 9:45 Acreditação e entrega de documentação
Accreditation and delivery of documentation

9:45 Inauguração.
Concerto de Isabel Rei Sanmartim, Professora do Conservatório de Música de Santiago de Compostela
“Suite Céltica”. Estreia
Inauguration.
Concert of Isabel Rei Sanmartim. Professor of the Conservatorium of Santiago de Compostela.
“Suite Céltica”. Premiere

10:15 Palestra Inaugural – Opening Presentation
“Os movementos de poboacións no N.O. da Península Ibérica á luz da xenética”
D. Ángel Carracedo Álvarez
Director do Instituto de Medicina Legal da USC. Prémio Jaime I de Investigação Médica

11:00 Pausa café – Coffee break

11:30 “Documentación galaica: elementos célticos”
D. Juan José Moralejo Álvarez
Catedrático de Língua e Literatura Grega da USC

12:00 “Novedades en la teonimia galaico-lusitana”
D. Carlos Búa Carballo
Indo-Europeista da Universidade de Leipzig

12:30 “Etnonímia e territorialidade da Gallaecia Bracarum”
D. Armando Coelho Ferreira da Silva
Professor Catedrático da Faculdade de Letras da Universidade do Porto

13:00 “As Célticas Hespéricas”
D.Higino Martins Esteves
Professor da Facultad de Historia y Letras da Universidad del Salvador (Buenos Aires)

13:30 Intervalo para descanso e refeição – Lunch time

16:00 “A orixe dos espazos sagros e as particularidades no mundo celta.”
Dna. Branca García Fernández-Albalat
Doutora em História Antiga. Especialista em Religião Celta

16:30 “Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica”
D.Calros Solla Varela
Etnógrafo e Escritor

17:00 “Petroglifos – plantae pedum”
Dna. Mª del Carmen Alonso Rodríguez
Arqueóloga da Universidad Complutense de Madrid

17:30 “O Labirinto Atlántico”
D. Manuel Díaz Regueiro
Matemático e Presidente de IGACIENCIA

18:00 Pausa café – Coffee break

18:30 “El “green man” en la Galicia medieval: un arquetipo de la muerte y de la resurrección, formado a partir de Cernunnos y otros dioses y asimilado por el cristianismo”
D. Alfredo Erias Martínez
Diretor do Museo das Mariñas de Betanços

19:00 “Origem e significado dos nomes Portugal e Galiza”
D. Luís Magarinhos Iglesias
Mestre em Cultura e Literatura Comparada

20:00 Proyección del Documental “Brasil somos nós”
de Carlos Núñez
Músico

16 Abril/April 2011
9:00 O Celtismo, itinerario para guías e marca turística para Galicia.
Jesús Martínez
Director de ‘GuiasdeGalicia’

9:20 Raices gaélicas na Lingua e Toponimia Galegas
D. Gumersindo Martín Fernández Maceiras
Tradutor

9:40 Mito e Realidade em ‘As Brumas de Avalon’
Dna. Angélica Seabra Rodrigues Martins
Doutora em linguística e língua portuguesa, mestre em estudos literários e semiótica

10:00 “Os Estudos Célticos no Brasil – uma proposta pedagógica através do Atlântico”
Dna. Ana Donnard
Professora da Universidade Federal de Uberlândia – Minas Gerais

10:30 “Da fala e da escrita: perspectivas evolutivas”
D.Joám Evans Pim
Etnógrafo e Antropólogo

11:00 “A arte da guerra do mar ou Sobre a natureza Atlântica da Galiza com o infortúnio desta no Reino de Castela & causas da separação de Portugal”
D. Ernesto Vázquez Souza
Doutor em Filologia Hispânica

11:30 Pausa café – Coffee break

12:00 “Fronteiras interiores? Poder, territorio e defensa entre o Imperio Romano e a Alta Idade Media”
D. Manuel Gago Mariño
Professor e Doutor em Ciências da Comunicação da USC

12:30 “La protección del patrimonio cultural en Galicia”
D. Roberto Pena Puentes
Chefe do Serviço de Vigilância e Inspeção da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

13:00 “Los cántabros”
D. Eduardo Peralta Labrador
Arqueólogo e Historiador

13:30 Intervalo para descanso e refeição – Lunch time

16:30 “Las rutas del noroeste hispánico”
D. José María Luzón Nogué
Catedrático de Arqueología da UniversidadComplutense de Madrid e Académico da Real Academia de Bellas Arte de San Fernando

17:00 “Treba ou Toudo (1992): o comum direito jurisdicional público e privado celta na arqueologia institucional europeia”
D. Andrés Pena Graña
Historiador e Arqueólogo do Concelho de Narón

17:30 “Through the Looking Glass”
D. Martin Harris Palmer
Antropólogo

18:00 Pausa café – Coffee break

18:30 “Recéltica Gallaecia”
D. Xaverio Ballester
Catedrático de Filologia Clássica da Universitat de València

19:00 “O simbolismo da serpente em Gallaecia”
D. Ladislao Castro Pérez
Professor de História Antiga da Universidade de Vigo

20:00 Concerto
Dani Bellón
Músico

17 Abril/April 2011
9:00 A Lança na Água, A Espada na Pedra. Etno-Arqueologia de um Ritual entre Celtas e Germanos
D. Marcial Tenreiro Bermúdez
Licenciado em Humanidades pela UDC, DEA em Arqueología e Historia Antiga; Diploma de Especialização em Estudos Célticos pela RAH e UIM

9:20 A Nosa Señora da Lanzada. A Idea do Máis Alá na Xénese dun Santuario Costeiro
D. Rafael Quintía Pereira
Antropólogo e economista

9:40 Os Celtas: Arqueologia e Filologia Céltica – A Case Study nos Padrões de Reconhecimento Culturais no NO Peninsular
D. José Manuel A. Branco Freire
Doutoramento em Arqueologia / PhD student – Archaeology

10:00 “Celtic Roots”Project, a common celtic heritage in three different european communities
Dna. Mª Jesús Álvarez
Profesora do CEIP. Humberto Juanes de Nigrán

10:30 “Les jumeaux dans la mythologie celtique”
D. Philippe Jouët
Doutor da École Pratique des Hautes Études (EPHE)

11:00 “Science, culture et communication”
D. Fabién Regnier
Diretor da Revista Keltia e da Association France Celtique

11:30 Pausa café – Coffee break

12:00 Los Monolitoglifos de A Serra da Peneda al Norte de Portugal: La Nazca Portuguesa
D. Pablo Novoa Alvarez
Coordinador del Patrimonio Arqueológico del Museo Alberto Arvelo del Estado Barinas, Venezuela

12:30 “Ourivería castrexa”
Dna. Mª Raquel Casal Rodríguez
Professora de Arqueologia da USC

13:00 Palestra de Encerramento – Closing Presentation
“L’art des Celtes au nord et au sud des Pyrénées : la forme et le contenu”
D. Venceslàs Kruta
Arqueólogo, Historiador e Professor da École Pratique des Hautes Études (EPHE). Univ. Sorbonne Paris

13:30 Intervalo para descanso e refeição – Lunch time

16:30 “Lares viales “
D. Fernando AcuñaCastroviejo
Catedrático de Arqueologia da USC

17:00 “Vestígios Mitológicos Célticos na Toponímia Galega”
D. Heitor Rodal López
Arquiteto, Urbanista e Presidente do IGEC

17:30 “A cabeça cortada do Castelinho (Felgar, Torre de Moncorvo, Bragança, Portugal): um novo elemento de estatuária antiga achado num povoado proto-histórico de Trás-os-Montes Oriental “
D. Filipe Santos* e D. Lois Ladra**
*Arqueólogo. ACE Baixo Sabor
**Arqueólogo e Antropólogo. ACE Baixo Sabor – “Lúnula Património Cultural”

18:00 Pausa café – Coffee break

18:30 “GALIZA: Ponte das Relações Culturais Atlânticas”
D. Artur Alonso Novelhe
Escritor, Analista e Académico da AGLP

19:00 “Celtismo e Mitologia no mundo do Brasil”
D. José Manuel Barbosa Álvarez
Historiador, Escritor e Académico da AGLP

“OS CELTAS DA EUROPA ATLÁNTICA”. III CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE A CULTURA CELTA (Narón, 15, 16 e 17 de abril)

O domingo 17 presentarei no III Congreso Internacional sobre Cultura Celta a miña comunicación “A NOSA SEÑORA DA LANZADA. A IDEA DO MÁIS ALÁ NA XÉNESE DUN SANTUARIO COSTEIRO”.

Máis información:
http://www.estudosceltas.org/?q=es

A PENA DA MOURA de Toques

No monte Bocelo, en Toques (provincia da Coruña) e perto do campo tumulario da Muruxosa atópase a Pena da Moura. Un deses magníficos bloques de pedra que aparecen por todo o país vernizados de lendas, mitos e crenzas, o que nos fai pensar que moitos destes peculiares penedos foron nun pasado, posiblemente neolítico, tomados por lugar de hierofanía e, consecuentemente, asociados a ritualidades e cultos que hoxe en día non somos quen de adiviñar. Uns son penedos figurativos, outros encabalgados, outros inzados de pías ou signos labrados. Todos eles con formas ou elementos estraños que fixeron que os primeiros poboadores destas terras os tomaran como algo non natural e, polo tanto, expresión pétrea das divindades.

Conta a lenda que estando un sacerdote rezando no lugar onde se ergue a Pena da Moura viu que esta se abría amosando un fermoso altar de ouro. O crego quedou abraiado mirando para semellante tesouro e decidiuse a entrar na peneda na procura do prezado altar, mais tan pronto deixou o breviario no chan un golpe de ar remexeu as páxinas por onde estaba aberto facendo que a Pena da Moura se pechase de inmediato.

Outra lenda conta que a Pena da Moura foi traída ata alí por unha moura que a levaba na cabeza. Nun momento do seu percorrido a moura colocouna no chan para descansar un anaco. De súpeto comprobou asombrada que a pedra ía medrando cada vez máis ata converterse no enorme bolo granítico que é hoxe. A xente di que o peculiar asento de pedra sobre o que descansa a pena da moura é a rodela que levaba a moura sobre a cabeza para transportar a pedra.

Segundo Antonio Río López, os veciños de Toques teñen a esta peneda por barómetro ou referente da chegada do inverno. O dito “xa chegou o inverno a Pena da Moura” indicaría que o período invernal xa está enriba.

Cando estiven neste lugar, estudando e fotografando a Pena da Moura, puiden observar que ós pes da grande pedra (11 metros de alto), que amosa unha inquedante inclinación, había un floreiro con flores de plástico. Non sei quen levou ata alía aquela peculiar e sintética ofrenda, mais gustaríame pensar que foi alguén en agradecemento á moura por facelo digno dos tesouros e as alfaias que seguramente garda a oca peneda.

©Fotografías propiedade do autor.

NOTA:
Para saber máis sobre o patrimonio de Sobrado dos Monxes e contorna recomendo a lectura do libro: La cultura castreña en Sobrado de los Monjes de Antonio Río López. Editorial Deputación provincial da Coruña. A Coruña, 1986.