Monthly Archives: Agosto 2009

ORIENTACIÓN SOLAR NO PINDO

P1010108
O monte do Pindo dende a praia de Carnota

A fin de semana pasada tiven o privilexio de pasar un par de xornadas no monte Pindo, montaña sagrada da xeografía galaica e coñecida co alcume de Olimpo celta. O Pindo atesoura un grande patrimonio material e inmaterial que é digno de coñecer e conservar. Aconsello a visita ó blog http://jlgalovart.blogspot.com/ e a lectura do libro Los montes del Pindo. Olimpo celta y desierto de piedra de José Barreiro Barrala, obra básica para todo aquel que quera profundizar no coñecemento desta montaña. No citado libro descríbense moitos dos lugares máis espectaculares e máxicos desta serra pero nada atopei do fenómeno astronómico que lles vou comentar a continuación.

chan lourenzo
Chan de Lourenzo. Situación da pedra cabaleirada marcada cun círculo vermello. En primeiro plano o incrible penendo antropomorfo coñecido como xigante da mina. Ó fondo érguese a Moa, cumio do Pindo cos seus 641 m de altitude.

No lugar coñecido como Chan de Lourenzo, gran chaira a 400 m de altitude que se extende ós pes da Moa, existe un peculiar penedo cabaleirado (que chamarei Penedo do sol) que visto cara o leste arremeda a feitura dunha chama ardente. Este penedo descansa pousado sobre outra pedra lisa que, a xeito de base, mantenno en equilibrio.

1

Coa chegada do amencer, o sol nacente ascende polo horizonte e reborda os picos e os penedos que rodean esta gran chaira de altura.

P1010090

O sol empeza a aparecer por unha pequena vagoada situada cara o leste e delimitada por dous outeiros. Os primeiros raios de sol que penetran no Chan de Lourenzo fanno por este lugar (a lo menos nas datas do 15 de agosto) iluminando de xeito espectacular a pedra cabaleirada.
P1010095
Véxase como os primeiros raios do día que entran en Chan de Lourenzo iluminan a pedra do sol en dirección leste-oeste

Se un se situa diante da peculiar rocha, e mirando ó nacente, terá a impresión, pola posición do sol sobre ela, de que o Penedo do sol está ardendo e iluminado co seu lume, de xeito poderoso, toda a chaira.

2

3

A peculiar colocación da pedra cabaleirada –penedo do sol-, a súa proximidade o penedo antropomorfo coñecido como o Xigante da mina, a localización da mesma no denominado Chan de Lourenzo (microtopónico quen sabe si relacionado coa presenza do sol neste lugar), a coindicencia do fenómeno lumínico solar coa forma da pedra (lembremos que arremenda a unha chama ardente) e a súa orientación cara o nacente considero que son indicios o suficientemente significativos como para, cando menos, telos en conta de cara a un posterior estudo máis pormenorizado do fenómeno lumínico, co gallo de verificar se estamos ante o que poderíamos catalogar como un fenómeno arqueoastronómico asociado ó monte Pindo.

O sol sobre a pedra cabaleirada. Remarcado do seu contorno para que se perciba o efecto de chama ardente.

TRAILER do documental MONTE DO SEIXO. A MONTAÑA MÁXICA

4

O Grupo de Estudos Etnográficos SERPE BICHOCA convídaos ao visionado dun adianto do seu documental sobre o monte do Seixo que, xa en breve, percorrerá as máis importantes salas do país.

http://www.youtube.com/watch?v=nYZ5OB2oO40

GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN
SALVEMOS O SEIXO!!

O MARCO DO VENTO

Marcha composta por Rafael Quintía baixo a influenza inspiradora da grandiosidade pétrea do Marco do Vento (Monte do Seixo), posiblemente o máis espectacular menhir de Galiza.

marco do vento

A MONTAÑA MÁXICA

Foliada composta por Rafael Quintía para a banda sonora do documental Monte do Seixo. A Montaxa Máxica.

a montaña máxica1
a montaña máxica2

Reflexión relixiosa

Os musulmáns descansan o venres
Os xudeus descansan o sábado
Os cristiáns descansan o domigo

Deus fixo o mundo en sete días
e descansou toda a Eternidade

Para min que o patrón é un listo.