ZAPATITOS DE CHAROL

Hoxe, 25 de novembro, Día Mundial Contra a Violencia de Xénero deixo aquí o meu modesto homenaxe tirado do meu poemario  “Á sombra de Bouza Panda. Poemario de trincheira e maldizer”.

     

       “Zapatitos de charol

Entrou no coche,

como tantas veces ó día.

Naquel coche

que sempre é o mesmo

aínda que o conduzan

homes distintos.

 

Pararon naquel camiño sen saída,

naquel edén decadente e improvisado.

Nun xardín sementado de clinex

e preservativos queimados polo sol.

 

Non era o que sempre soñara

pero era un traballo.

Ninguén soña con iso,

ninguén di: “mamá

de maior quero ser puta”.

 

Pero ás veces

a vida non pregunta,

non dá opción

e un acaba nun camiño sen saída

e nunha vida sen rumbo.

 

Sentiu o peso daquel home sen rostro,

e puido uli-lo seu cánido alento,

mentres sufría a luxuriosa cadencia

das súas arremetidas salvaxes.

 

Observou o seu rostro reflectido

no espelliño do parasol e lembrouse

daquel tempo en que foi feliz.

Daquel tempo da súa infancia

cando era tan só unha nena.

 

Aquela nena que sempre estreaba

zapatitos de charol

o Día da Palma.

Advertisements

2 Respostas

  1. Non podo polo menos que sentir unha terrible congoxa , é unha realidade desconcertante; realidade á fin e ao cabo…
    Canta infanza perdida no tempo e canta desgraza humana hai nela?
    Ausencia de agarimo durante o seu máis parva vida…
    Breves saúdos, amigo.
    Apertas longas…
    [Fantástico texto, coma sempre]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: