“O Entrudio nas montañas de Manzaneda. Mázcaras xiróvagas, danzas rotacionais e fraternidade ritual”. Por Rafael Quintía

Conferencia das IX Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, edición on-line.

Curso “Mitoloxía, crenzas, rituais e manifestacións festivas da cultura tradicional galega. Un achegamento antropolóxico ao patrimonio inmaterial de Galicia.

AÍNDA ESTADES A TEMPO DE MATRICULARVOS

Infórmanme na UNED que, como a docencia é online e os vídeos das clases están dispoñibles nun repositorio, aínda está aberto o prazo de matriculación do curso que estou impartindo sobre patrimonio inmaterial galego.

Así que se vos apetece achegarvos ao mundo da mitoloxía galega, das festas rituais, da etnomedicina, das xeografías míticas e sagradas ou da relixiosidade popular, entre outros moitos temas que trataremos, aínda estades a tempo de facelo a través deste curso de extensión universitaria que vai xa pola 4ª edición, aínda que este ano teña que ser online polo tema da Covid-19. O lado bo de ser online e gravado é que vos permite facer o curso dende casa e á hora e día que queirades. Así que estarei encantado de compartir esta actividade con vós. Aquí tendes o link para informarvos e demais.

Se o considerades oportuno, agradécese a difusión pois que siga sendo un éxito este curso axuda a que a UNED siga apostando e apoiando a tan necesaria formación en antropoloxía galega.

TODA A INFORMACIÓN DO CURSO NESTE LINK:

http://extension.uned.es/actividad/idactividad/22685?fbclid=IwAR3JiErYeO82QOfzE7WKguCX2b1s5eXoGttY22kCbtrXHY5YXJTSDislumQ

“Levar os vellos ao monte. El senicidio en la mitología gallega”.

Acaba de publicarse a Revista de Humanidades Liburna, da Universidad Católica de Valencia San Vicente Mártir. Neste no seu número 16–17 [Mayo–Noviembre, 2020] recóllese o meu traballo “Levar os vellos ao monte. El senicidio en la mitología gallega”. Un artigo de 67 páxinas onde fago unha análise antropolóxica sobre as posibles orixes e funcións do mito do abandono dos vellos no folclore galego.

Achego o PDF do artigo:

“CANXAR. REVISTA DE FOTOGRAFÍA ETNOGRÁFICA”. Unha nova aventura editorial da man da SAGA

Durante os meses de confinamento dende a SAGA estivemos aproveitando estes tempos raros e difíciles para madurar novas ideas e facelas realidade, sempre con ese afán de traballar a prol da divulgación e do fomento da Antropoloxía en todas as súas formas posibles. Nace así  “Canxar. Revista de fotografía etnográfica”. Unha publicación da Sociedade Antropolóxica Galega fundada co fin de promocionar, valorizar e divulgar a fotografía etnográfica e o traballo dos seus autores e autoras, así como visibilizar o campo da antropoloxía visual, en xeral. A revista ten unha vocación internacional, por iso se edita en formato dixital e en tres idiomas (galego, español e inglés), buscando chegar ao maior número de público interesado posible. Ademais, seguindo a nosa filosofía de intentar achegar o coñecemento á sociedade “Canxar”  é de visionado libre na web antropoloxiagalega.org, no blogue  https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/ e na plataforma ISSUU. Tentamos con este proxecto chegar a canta máis xente posible, achegar a nosa cultura galega a outros recunchos do mundo e, asemade, achegármonos a outras culturas e a outras formas de ollar e de estar no mundo.

Como director da publicación quero dar as grazas publicamente aos copañeiros da SAGA polo apoio a esta nova aventura editorial, a todas as autoras e a todos os autores que colaboraron neste proxecto cos seus traballos. Tamén ao Museo Etnolóxico de Ribadavía e ao Museo Etnográfico Casa do Patrón polas súas desinteresadas achegas , ao doutor en Historia da Arte Carlos Arturo Fernández Uribe polo seu magnífico artigo, a Nekane Requejo polo seu traballo de traducción de textos ao inglés e, en especial, Ana Durán Penabad pola dedicación, ilusión, bo facer e traballo posto neste proxecto.

 

DATOS EDITORIAIS:

DIRECCIÓN: Rafael Quintía Pereira

DESEÑO ARTÍSTICO: Ana Durán Penabad

EDICIÓN: Dixital

IDIOMAS: galego, español e inglés

COLOR

PERIODICIDADE: Semestral

ENTIDADE EDITORA: Sociedade Antroplóxica Galega (SAGA)

LUGAR DE EDICIÓN: Galicia (edición dixital)

ISSN: en xestión

DEPÓSITO LEGAL: OU 139-2020

 

DESCARGA LIBRE:

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2020/08/14/nace-canxar-revista-de-fotografia-etnografica-a-nova-publicacion-da-saga/

 

VISIONADO EN LIÑA:

ENTREVISTA EN NÓS DIARIO

En Nós Diario fixéronme un “selfie”.