• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,139 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

VIDA E APOTEÓSE NA II MASCARADA IBÉRICA

12191H1

Dende hai dous anos vénse celebrando en Vilariño de Conso e Viana do Bolo un dos eventos de divulgación do Entroido máis importantes da Península Ibérica. Refírome á Mascarada Ibérica. Unha xuntanza de irmandade e empoderamento dalgúns dos entroidos peninsulares máis importantes e fascinantes. Como todas as cousas boas, a incoativa naceu da propia sociedade e son eles quen a organizan, neste caso a Comisión do Entroido 2016 de Viana do Bolo, a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso, a Asociación de Mulleres Rurais de Viana do Bolo e a Sociedade Antropolóxica Galega (Saga), que temos a sorte e o privilexio de que nos deixen formar parte deste importante acontecemento cultural.

DSC_3762

DSC_3813

DSC_3746

Esta pasada fin de semana tivo lugar a segunda edición deste espectacular encontro. Como non podía ser doutro xeito, tiñamos que estar con eles e vivir xuntos eses emocionantes momentos. Así que alí nos desprazamos unha representación da Sociedade Antropolóxica Galega: Pedro Losada, fotógrafo oficial da SAGA; Silvia Sancho, colaboradora da SAGA e investigadora da Universidade de Tokío e o que aquí escribe.

DSC_3697

A compañeira Silvia Sancho comprobando o peso da máscara teriantrópica de X. M Seixas, do entroido ribeirao

DSC_3770

Foi un auténtico pracer atoparse con amigos como Xosé Manuel e Carme Seixas ou os grandes coñecedores e investigadores do Entroido Carlos Ares, José Rodríguez Cruz ou Eloi dos Freiría. Un pracer tamén falar con Ramos Perera, presidente da Sociedad Española de Antropología y Tradiciones Populares que, xunto cunhas colegas, desprazáronse dende Madrid para coñecer de primeira man este evento. Non me quero esquecer tampouco da tribo de fotógrafos, como o compañeiro Pedro Losada, a grande Cristina García Rodero (MAGNUM PHOTOS) e todo un mito ou Roberto de la Torre e compaña, que como auténticos devotos da nosa cultura percorren entroidos, festas e santuarios plasmando nas súas imaxes algunhas das expresións culturais máis representativas e íntimas deste pobo.

DSC_3894

O fotógrafo da SAGA Pedro Losada en plena acción 

DSC_3879

Este ano os veciños destas esgrevias serras e todos os que se achegaron a vivir esta mascarada puideron gozar da ritualidade coreográfica de oficiantes e figuras tan simbólicas como os Volantes e Maragatos do Entroido ribeirao de Santiago de Arriba, os Vellaróns de Riós; os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, en Ourense; os Troteiros de Bande; os fulións de Buxán, das Carelas, da Mourela para acá, de Mormentelos, ou os fulións rurais, Casco Vello e Fulión Alternativo de Viana do Bolo. Pola banda non galega estiveron presentes personaxes ancestrais como os Jurros de Alija del Infantado, en León; os Caretos de Parada e Lazarín de Portugal; os Sidros de Valdesoto, en Asturies; a Visparra e Talanqueira de Vigo de Sanabria e San Martín de Castañeda, en Zamora ou os Zamarrones de Paré de Piasca, en Cantabria.

DSC_3769

DSC_3732

DSC_3802DSC_3776

Unha auténtica comuñón entroideira e identitaria entre pobos irmáns de Galicia, León, Asturies, Cantabria, Zamora e Portugal. Unha poderosa explosión de forza cultural que, curiosamente, a TVG (televisión pública galega) non quixo cubrir malia ser o evento de exaltación do Entroido peninsular máis importante de cantos acontecen no noso país. Seica querían cobrar por ir recoller a noticia. Mellor ir filmar unha paparota ou inauguración dos políticos de turno que lles dan de comer aos directivos deste medio no que, dito sexa de paso, traballan —cando lles deixan— grandes profesionais, algún dos cales teño o pracer de coñecer e de gozar da súa amizade.

DSC_3848

DSC_3831

DSC_3860

E xa que estamos no momento de crítica construtiva, unha pequena corrección para o Faro de Vigo, o que se viu nesta mascarada non son “disfraces”, son os traxes duns seres case sagrados, entidades hiperreais e liminais, seres teriantrópicos, e auténticos oficiantes que representan un rito ancestral á altura da relixión máis poderosa do mundo.

DSC_3869

DSC_3837

DSC_3891

Quero facer público, dende este humilde blog, os meus parabéns por un traballo tan ben feito e tan digno e o meu agradecemento á organización e a todos os amigos destas nosas montañas polo trato, cariño, hospitalidade e xenerosidade recibida. Sodes moi grandes por iso tendes o Entroido vivo e potente que tendes. Grazas a Jorge Minas Domínguez Couso da Comisión do Entroido de Viana do Bolo; ás amigas da Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso; a Iván Fernández Fernández, que leva a o folión no sangue e cuxa nai mantén viva a tradición das máscaras de Boteiros; ao danzante xiróvago e mázcara Dani Domínguez do Fulión da Mourela para acá e a todos os veciños que habitan nun dos lugares máis fermosos e poderosos da nosa terra.

DSC_3928
Con amigo Dani Domínguez, do fulión da Mourela para acá

12570883_1684570178489442_48123800_n

Co amigo Xosé Manuel Seixas, do entroido ribeirao

Se mo permiten voulles dar un consello. Vivan vostedes o Entroido, participen no rito purificador alá onde vaian, déixense levar polo son das chocas, das esquilas, dos cornos e buguinas que xa están soando polas aldeas. Reciban a bendición das zamarras dos Peliqueiros ou dos Cigarróns; das vinchas das Pantallas; déixense bautizar pola borralla do Óso de Salcedo, da farrapada de Laza ou dos farelos de Xinzo de Limia. Fertilicen os seus campos ou os xeranios do balcón co lumen novo e os fachóns; salten coma os Troteiros e os Boteiros; dancen como Madamas e Galáns; non lle discutan a un Xeneral da Ulla, que quen manda manda; dean grazas por toparse coa forza fecundadora e multicolor dos Volantes ou síntanse honrados de toparse cun Felo, un Zarramanculleiro ou calquera dos centos de seres máxicos que dende Reis ata finais de febreiro transitarán polo noso mundo terreal. Síntano como propio aínda que non sexan do lugar, pois o Entroido galego é patrimonio non só dos galegos e galegas senón de toda a humanidade.

DSC_3841

DSC_3780

DSC_3752

Non me queda máis que dicir, tan só agardar que cheguen os días grandes do Entroido para peregrinar ás montañas orientais Galicia —cada quen ten o seu santuario— e poder volver sentir as células do meu corpo vibrar e emocionarse co son telúrico, atávico e ancestral dos fulións; para sentir a forza iconográfica dos Boteiros ou deixarme levar hipnotizado pola danza cósmica e catártica das mázcaras xiróvagas. Jorge, Carlos, Dani, Iván…alá nos vemos amigos.

DSC_3853

DSC_3771

DSC_3912

Advertisements

3 Respostas

  1. Sempre admirei eses entruidos ancestrais.
    A ver se para o ano podo gozar deles.

  2. Un artigo moi completo e por fin alguen que parece saber do que esta falando respecto a tradición do Entroido que perdura gracias o pobo e nn os medios ou os políticos que si se implican para bit a comer

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: